miércoles, 10 de septiembre de 2014

Novo curso 2014-2015

Benvidos a este novo curso 2014-2015

Ola! Poñémonos en contacto convosco para trasladarvos as últimas novidades que temos catalogadas na biblioteca do CFR. É unha das áreas de mellora  do CFR para o presente curso académico e gustaríanos poder contar coa vosa colaboración para revitalizar esta sección do noso centro.
A partires do vindeiro mes iremos actualizando as novidades a través da aula virtual do CFR, contactaremos de novo convosco cando iniciemos as publicacións.
Tamén temos a intención de adquirir, para poder poñer á vosa disposición, aqueles títulos relacionados co mundo da educación que consideredes que poden ser do voso interés. Para facérnolos chegar utilizade o correo electrónico do CFR cfr.ferool@edu.xunta.es ou o do voso asesor de zona.
Esperando que este novo servizo sexa do voso interés recibide un cordial saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario