jueves, 24 de julio de 2014

Plan da Biblioteca do CFR de Ferrol

Benvidos ao novo espazo da Biblioteca do CFR de Ferrol

Dende este curso e para levar a cabo a partires do mes de setembro estamos a realizar unha serie de actividades para mellorar a nosa atención ao porfesorado do ámbito do CFR de Ferrol.
Despois dunha serie de cambios estructurais do CFR de Ferrol e na coordinación da biblioteca comenzamos unha andaina na que esperamos aportar novos aires e moitas novidades. Para iso estamos a desenvolver este Plan de actuación da biblioteca do CFR de Ferrol.

Plan de actuación da biblioteca do CFR de Ferrol.

1.- Iniciar a recatalogación de  fondos bibliográficos.

Están catalogados todos os fondos máis actuáis. Queda para o 1º trimestre do curso 14/15 a clasificación dalgúns exemplares máis antigos e catalogación dos que se consideren de interese.
En canto aos fondos audiovisuais xa se fixo unha recatalogación  e nova ubicacións dos mesmos no espazo destinado a audiovisuais.

2.- Darlle publicidade ás novidades

No mes de setembro enviarase un correo masivo aos centros coa relación das últimas novidades adquiridas. As que se vaian adquirindo a partires desa data serán publicitadas na páxina do CFR no BLOG da Biblioteca.
Na reunión de inicio de curso cos equipos directivos tamén se proporcionará información sobre as posibilidades que ofrece a biblioteca.

3.-Reorganizar as seccións da biblioteca

Despois do  expurgo realizado a biblioteca aínda queda con moitos volumes que, se ben teñen valor histórico, sentimental  ou testimonial, son consultados en contadas ocasións .Estes exemplares serán trasladados ao espazo contiguo nos dous primeiros meses do curso 14/15 nunha nova sección “Históricos”. Aquí estarán organizados por materias ou áreas.
Unha vez que se dispoña  de espazona biblioteca, nos meses de novembro e decembro actualizaranse as seccións e no mes de xaneiro farase a presentación da nova biblioteca do CFR

4.-Facilitar o préstamo e consulta. 

Incluír na axenda dos asesores unha hora semanal adicada á biblioteca.
No horario do curso 14/15 aparecerá recollida esa hora semanal adicada a biblioteca por cada asesor. Nese tempo cada asesor poderá faacer unha revisión dos materiais relacionados coa súa asesoría para clasificar os que están actualizados e aqueles outros que aínda sendo de interés poden catalogarse como históricos. Tamén se ocuparan de manter ao día a actualización bibliográfica da súa asesoría e elaborar as reseñas das novas adquisicións para subilas á páxina do CFR.
Os exemplares que non foron expurgados polo seu valor histórico, testimonial ou sentimental serán trasladados ao espazo contiguo no que quedarán clasificados.
Previamente procederase á selección dos documentos arquivados actualmente nese espazo. Conservaranse os dos últimos cinco anos . Os de maior antigüidade que presenten interés pasarán a formar parte do apartado de históricos e o resto serán destruídos.

Para mellor a dinamización no uso da biblioteca solicitarase unha actividade de formación interna a celebrar no 1º ou 2º trimestre do curso 14/15.